Crear PDF Recomendar Imprimir

Celanova - Espazo de Coworking

  • Lugar
    Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Gústame

Folleto coworking 01Se tes un proxecto empresarial e non sabes moi ben cómo enfócalo.

Se tes unha idea de autoemprego e non sabes por onde comezar a desenvolvela


Se estás traballando xa e queres encarar novos proxectos innovadores no teu negocio, na túa profesión ou no teu oficio, deberías "perder" 5 minutos en darlle unha lectura a esta oferta, pois terás ocasión de contar cun asesoramento profesional gratuíto para que ese proxecto empresarial, esa idea de autoemprego, esa posible cooperativa, esa reformulación do teu negocio actual poida mellorar. Dende o próximo mes de setembro, no Auditorio Ilduara de Celanova contaremos cun Centro Coworking no que todas esas incógnitas que te teñen paralizado porque hoxe non lle das encontrado resposta, pooderán ser despexadas por profesionais do asesoramento empresarial.
Entra no seguinte enlace:
https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/celanova/
... e verás que fácil é formular a túa inscripción.
Telo que facer antes do próximo día 15 de xullo. Non che ocupará moito tempo e, sobre todo, terás acceso a un asesoramento gratuíto adaptado ó teu propio tempo durante 5 meses para que o que hoxe é só unha idea de negocio se convirta nunha realidade.
Para calquera dúbida, podes achegarte polo Concello ou enviar un email a cultura@concellodecelanova.com.

Folleto coworking 02Folleto coworking 03Folleto coworking 02

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo