Imprimir

Concertos didácticos de órgano 2017

  • Lugar
    Mosteiro do Concello de Celanova
  • Votación
    (0 votos)
  • Data
    Febreiro - Xuño de 2017
  • Gústame

2017 01 concertos didacticosUn ano máis e de forma gratuíta, os centros escolares de Galicia teñen a oportunidade de participar no ciclo anual de Concertos Didácticos de Órgano na Igrexa de San Salvador de Celanova promovido polo Concello de Celanova e patrocinado pola Secretaría Xeral de Cultura.

Este ciclo de concertos, impartido pola profesora de órgano do Conservatorio Profesional de Ourense e excepcional organista, Marisol Mendive, trátase dunha actividade única en Galicia que mestura dun xeito moi participativo, o coñecemento dos segredos dun órgano histórico coa interacción musical dos propios alumnos e alumnas co maxestoso instrumento, ó gozaren da oportunidade de interpretaren cos seus propios instrumentos varias pezas musicais acompañados polos poderosos sons do órgano.

Acompáñache unha ficha explicativa máis pormenorizada da actividade, ademais do calendario de celebración do programa para o presente curso, co fin de que, de estaren interesados, os centros poidan escolleren a data que mellor lles conveña para acudir a Celanova.