Como chegar

Imprimir
PDF

O concello de Celanova está situado ao sureste de Galicia na provincia de Ourense. Pertencente á comarca de Terras de Celanova, atópase nunha área de transición entre as terras da Baixa Limia e Ourense . Limita ao norte cos municipios de Ramirás, a Merca e Cartelle e ao sur con Verea e Quintela de Leirado. O concello atópase a uns 25 quilómetros de Ourense (capital de provincia) e a uns 90 de Vigo, as dúas cidades importantes máis achegadas.

Sobre unha extensión relativamente importante de superficie de 67,3 km² configúrase un territorio cunha altitude máxima de 1.140m. e unha mínima de 558m. Posúe un clima húmido, anque non demasiado chuvioso, de temperaturas suaves e agradables no verán e baixas en inverno.

A forma de acceder é a seguinte:

En coche

A principal vía de comunicación e acceso a Celanova é a estrada OU-540, que vai de Ourense a Portugal, e que ten como lugar importante de paso Celanova.

Para achegarse desde Vigo, o máis axeitado é facelo a través da Autovía das Rías Baixas A-52, e logo á altura da Cañiza coller a saída dirección Cortegada para tomar as estradas PO-400 e OU-133, para por último coller a estrada OU-531 que conecta directamente con Celanova.

Se queremos acceder dende Xinzo de Limia, accedendo dende a a Autovía das Rías Baixas A-52, deberemos coller a estrada OU-531 dirección Cortegada.

Para os usuarios de GPS: nalgunhas cartografías pode que non apareza Celanova como destino as coordenadas xeográficas máis axeitadas son as seguintes: 42º 9' 7,34'' N; 7º 57' 29,08'' W

En autobús

A compañía ANPIAN ofrece un servizo regular de autobuses que conectan Ourense e Celanova. Pódese obter máis información no teléfono 981 225 288.

 

JavaScript must be enabled in order for you to use Google Maps.
However, it seems JavaScript is either disabled or not supported by your browser.
To view Google Maps, enable JavaScript by changing your browser options, and then try again.

 
Visítanos. Ven a coñecer a nosa terra e leva unha boa impresión da nosa formidable atención.
 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo