Medio ambiente

Imprimir
PDF

O Concello de Celanova é consciente da importancia da conservación ambiental e do papel que debe xogar o medio ambiente dun xeito transversal en todas as políticas a levar a cabo.

Dende fai anos estanse a incrementar as zonas verdes verdes e de lecer do Concello, e o máis importante de todo é que se están a manter e a educar á cidadanía ante o exemplo do coidado destas zonas.

Parques e xardíns

En Celanova existen multitude de zonas verdes deseñadas para o uso e gozo da cidadanía e das visitas que se acheguen a elas.

Xestión de residuos

A recollida de lixo en Celanova é selectiva. Ademais da recollida de lixo xenérica, recóllense envases lixeiros (colector amarelo), papel e cartón (colectores azuis), vidro (colectores verdes).

En zonas céntricas do núcleo urbano o Concello disón de colectores soterrados, que lle fan máis fácil á poboación separar, ademáis de incorporarse e adaptarse ao entorno histórico de Celanova sen ningún tipo de impacto estético.

Ademais, o punto limpo da Mancomunidade de Celanova permítelles ás persoas usuarias depositar de forma separada diversos tipos de residuos: escombros, voluminosos férricos, plásticos, residuos vexetais, residuos perigosos e téxtiles, pneumáticos fóra de uso, residuos de aparellos electrónicos, etc. Atópase nas proximidades do parque empresarial de Celanova.

Prevención de incendios

Este servizo desenvólvese nas datas próximas ao verán. O seu obxectivo é previr os incendios forestais e os posibles danos que deles poidan derivar en zonas en que existan vivendas. Os traballos consisten principalmente en realizar rozas, principalmente mediante maquinaria pesada dun xeito programado, anque tamén se atenden as peticións dos cidadáns, en casos excepcionais, que crean necesaria a colaboración do Concello para as tarefas de limpeza de maleza.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo