Instalacións deportivas

Imprimir
PDF

O Concello de Celanova aposta decididamente polo deporte, xa que invertir en deporte é invertir nun futuro saudable para os nosos cidadáns. Entre as instalacións deportivas coas que contamos destacan as seguintes:

  • Pavillón de deportes municipal. É un pavillón multiusos dotado de ximnasio, gradas, cafetería, ... en onde actualmente se desenvolven as seguintes actividades:
    • liga de fútbol sala local
    • aloxamento de partidos de fútbol sala da liga provincial
    • liga de baloncesto
    • liga de Ping-Pong da Federación galega
    • libre alquiler da pista para a práctica deportiva de múltiples deportes (badminton, fútbol sala, baloncesto, clases de baile, ...)
  • Pavillón das Triguerizas para escolas deportivas de base. Este pavillón, inaugurado no ano 2010, ten como obxectivo fundamental de dar apoio puntual á disputa de partidos no pavillón principal. Ademáis os colexios e institutos do Concello emprégano con regularidade para a práctica das súas clases de ximnasia. Ademáis o deporte de base utiliza masivamente estas dependencias.
  • Campo de fútbol municipal "Estadio San Rosendo". Sen lugar a ningún tipo de dúbidas é un dos mellores estadios existentes para a práctica do deporte futbolístico. Ten céspede natural, dúas gradas con alta capacidade, servizo de cafetería e accesos óptimos, que fan deste estadio un lugar axeitado para disputar partidos do máximo nivel esixible.
  • Anexos do Campo de San Rosendo. Para a práctica dos entrenamentos dos equipos de fútbol e escolas deportivas.
  • Pistas de tenis. O Concello dispón de dúas pistas de tenis con superficie de pasta, actualmente renovadas e ubicadas xunto ás piscinas municipais.

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo