San Vivián

Imprimir
PDF

Dende principios do 2011, está aberto ao público o Centro de Interpretación dos Zapateiros en Vilanova dos Infantes. Un centro no que se pretende dar a coñecer os antecedentes históricos do burgo medieval de Vilanova e explicar a incidencia económica e social que tivo sobre el a artesanía do calzado.

Ademais, o centro, instalado nun edificio que foi recuperado polo Concello de Celanova grazas á cesión que fixeron os herdeiros de don José Gómez, agocha no seu soto un enigma: a cova coñecida como San Vivián. Un lugar sobre o que, a falta de documentación, teñen aparecido diversas hipóteses que tentan explicar as súas orixes.

      ©2012 - Concello de Celanova.                                                                                                                               Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web | RSS| Correo